martes, 16 de maio de 2017

A facer exercicio!

Onte foi o Día da Bicicleta e no noso cole os profes de Educación Física, Andújar e Roberto,  organizáronnos unha actividade para concienciarnos da necesidade de facer exercicio físico.
Primeiro invitamos aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria de Currelos a xuntarse a nos. Estiveron cos seus compañeiros de curso polas clases facendo convivencia e despois comeron no Comedor.


E pola tarde salimos todos coas biblicletas por Escairón, primeiro a facer una pequeña ruta e despois a facer varios xogos en dúas rodas.
Xa sabedes, a tomar exemplo!





Ningún comentario:

Publicar un comentario