martes, 30 de maio de 2017

Receitas fáciles en francés.

Os alumnos de francés de 3º da ESO están moi interesados en descubrir receitas típicas francesas. Algún "cocinillas" hai por alí...
Picade na seguinte foto para ver receitas moi fáciles. Están en francés, pero son faciles à comprendre.

http://ochoiodocole.blogspot.com.es/
Remi e Paul Bocuse, o mellor e máis coñecido chef de Francia.

martes, 16 de maio de 2017

A facer exercicio!

Onte foi o Día da Bicicleta e no noso cole os profes de Educación Física, Andújar e Roberto,  organizáronnos unha actividade para concienciarnos da necesidade de facer exercicio físico.
Primeiro invitamos aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria de Currelos a xuntarse a nos. Estiveron cos seus compañeiros de curso polas clases facendo convivencia e despois comeron no Comedor.


E pola tarde salimos todos coas biblicletas por Escairón, primeiro a facer una pequeña ruta e despois a facer varios xogos en dúas rodas.
Xa sabedes, a tomar exemplo!





venres, 5 de maio de 2017

Dando exemplo.

Velaquí as nosas cociñeiras: Esther, Susa e Mercedes, sempre implicadas na alimentación equilibrada dos nosos nenos.
 
E non solo nos fan uns platos moi sanos e se implican en conseguir que os nenos e nenas (e os maiores tamén 😀)coman ben, senón que moitas veces van mais alá.
Desta volta, Susa estivo a colaborar en varias clases de Educación Física do profe Andújar ensinándolles pasos de bailes de salón aos alumnos de cuarto de ESO, posto que dentro da súa programación teñen que traballalo. 
E, que mellor exemplo?