A primeira actividade foi unha charla informativa que se converteu nunha mesa redonda á que asistiron varios pais, as cociñeiras do centro e algúns profesores. Quedaron solucionadas bastantes dúbidas que tiñamos... E tamén nos felicitaron polo traballo que estamos a facer a nivel comedor escolar en prol da alimentación sana e equilibrada.
Despois fíxose unha charla para 5º, 6º de Primaria e para 1º e 2º de ESO. Falouse tamén sobre nutrición e alimentación saudable. Os nenos plantexaron moitas dudas que tiñan.
Os ponentes fixeron fincapé no privilexio que supón vivir no rural pòla facilidade de dispoñer de productos naturais e sen procesar, moitas veces de elaboración propia.
E finalmente foron as aulas de Infantil a repartirlles uns salvamanteis editados pola Consellería de Sanidade que lles recorda a cantidade de froitas e verduras que teñen que tomar diariamente para ter un equilibrio nutricional.
Dende logo, foi unha actividade moi proveitosa!